
Temis Asesoría naceu en Baiona no ano 1989, desenvolvendo como persoa física a actividade D. Arturo Pereira Pequeño. Non obstante, na actualidade, o cadro de persoal de Temis Asesoría está formado por un equipo humano de 10 traballadores altamente cualificados para o desempeño das súas funcións en postos de traballo que requiren gran responsabilidade, seriedade e discreción.
En Temis Asesoría prestamos servizos no ámbito da asesoría xurídica, tanto a pequenas e medianas empresas, como a particulares; especialmente en materia laboral, comercial, fiscal e financeira. O noso obxectivo é ofrecer aos nosos clientes un asesoramento coidadoso e persoal, que lles outorgue total seguridade no cumprimento das súas obrigas e na obtención de todas as vantaxes fiscais e laborais dispoñibles, de acordo coa lexislación vixente. Deste xeito, damos solucións aos problemas dos nosos clientes e, o que é máis importante, buscamos formas de evitalos!
This website uses both its own and third-party cookies to analyze our services and navigation on our website in order to improve its contents (analytical purposes: measure visits and sources of web traffic). The legal basis is the user's consent, except in the case of basic cookies, which are essential to navigate this website.